Os veciños de Ourol xa poden solicitar o seu composteiro

AMariñaXa
A inscrición é totalmente de balde e recibirase un composteiro doméstico, un manual de compostaxe e asesoramento técnico
composteiro-2
Imaxe de arquivo
24 Xuño 2024

Desde o Concello de Ourol lembran a todos os veciños que poden solicitar o seu composteiro doméstico no Concello totalmente de balde; chamando ao número 982 559 109 ou a través do concellodeourol@concellodeourol.es

A inscrición é totalmente de balde e recibirase un composteiro doméstico, un manual de compostaxe e asesoramento técnico. Á entrega do composteiro realizarase unha charla informativa. As persoas anotadas recibirán unha chamada coa data e hora da convocatoria.

0.083854913711548