Os veciños de Órrea preparan outro libro de fotografías da parroquia
TerraChaXa | AMariñaXa
A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea ten previsto publicar un segundo libro de fotografías para o que volve pedir colaboración.
13 Nov 2021
A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea ten previsto publicar un segundo libro de fotografías da parroquia para o que volve pedir a colaboración veciñal.
O obxectivo do traballo é escoller unhas 12 fotografías por cada barrio, que serían seleccionadas despois se non fose posible publicalas todas. As imaxes deberían ir perfectamente identificadas.
O último día de entrega das fotografías para proceder ao seu escaneado é o 27 de novembro e serán devoltas todas ao día seguinte.
Os encargados de recoller as imaxes por barrios serían Toño de Jaime, Ana do Xuez, Lourdes de Castañal, Graciela de Campos, Marisol do Ferreiro e Isaura da Caseta.