Os veciños de Barreiros recibirán formación sobre compostaxe doméstica

AMariñaXa
Nestas xuntanzas tamén se entregarán ás persoas participantes os kits compostos por un composteiro, cun caldeiro doméstico, un aireador, un termómetro, unha criba e unha guía
compostaxe-recurso
19 Oct 2025

Técnicos especialistas en medio ambiente formarán a vindeira semana aos inscritos no programa de compostaxe domiciliaria municipal. O día 21 de outubro realizarase unha charla nas Escolas de San Cosme de Barreiros (ao lado do Concello) ás 19:00 horas.

Nestas xuntanzas tamén se entregarán ás persoas participantes os kits de compostaxe compostos por un composteiro, cun caldeiro doméstico, un aireador, un termómetro, unha criba e unha guía de compostaxe.

Esta iniciativa, que se desenvolve co obxectivo de promover a reciclaxe en orixe dos biorresiduos entre a veciñanza, conta co financiamento da Xunta de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a través da Unión Europea NextGenerationEU e do propio Concello de Barreiros.

Os veciños e veciñas que non se inscribiran, e aínda estean interesados/as en participar poden facelo informándose previamente nas oficinas municipais.

⚙ Configurar cookies
0.074506998062134