Os veciños de Bacoi, en Alfoz, preparan as súas festas
AMariñaXa
Haberá churrascada e chorizada popular a partir das 21.30 horas da noite
Foto recurso
6 Aug 2024
Bacoi, en Alfoz, celebra as súas festas na honra a Nosa Señora os días 14 e 15 de agosto. O mércores haberá churrascada e chorizada popular a partir das 21.30 horas da noite. Seguiralle unha verbena coa actuación do dúo Belinda.
O xoves 15 continúa a romaría con misa solemne e procesión seguida de sesión vermú con Grupo Pasión. Xa pola noite, ás 21.00 horas, haberá verbena co Grupo Pasión. A cita está organizada pola Asociación de Veciños de Bacoi e conta coa colaboración do Concello de Alfoz.