Os veciños de Alfoz aprenden a manexar o estrés e a ansiedade
AMariñaXa
A actividade, realizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde, contou con moita participación
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación
30 May 2024
O venres 24 de maio celebrouse un Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación no Concello de Alfoz. A actividade, realizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde, contou con moita participación e as persoas asistentes amosaron o seu interese en que volva a realizarse.
Durante a sesión aprendéronse estratexias que poden resultar de utilidade para ter un adecuado manexo do estrés e a ansiedade, o que facilitará lograr a adaptacón óptima a momentos de cambio e dificultade, ademais de poñer en práctica diferentes técnicas de relaxación.