Os veciños da parroquia de Ambosores, en Ourol, celebrarán a festa na honra á Virxe dá Ascensión
AMariñaXa
Os veciños da parroquia de Ambosores, no Concello de Ourol, celebrarán un ano máis a festa en honra á Virxe dá Ascensión.
4 May 2022
Os veciños da parroquia de Ambosores, no Concello de Ourol, celebrarán un ano máis a festa en honra á Virxe dá Ascensión. Esta celebración será o 21 e 22 de maio e contará con música e baile para todos os veciños.
Os asistentes a estas xornadas de festa poderán participar nos oficios relixiosos que darán comezo o sábado 21 ás 13.30 horas seguido da sesión vermú a cargo do Grupo Alma Latina, que tamñen será o encargado de amenizar a gran verbena da noite xunto co Dúo Zafiro.
Na xornada do domingo volverá a misa solemne e a sesión vermú nesta ocasión co Trío Mar de Arousa.