Os veciños con plantacións de patacas en Cervo, Vicedo, Viveiro e Xove deben declaralas
Dende a Oficina Agraria Comarcal de Viveiro, poñen no coñecemento dos veciños con plantacións de patacas, que deben declaralas.
Esta norma é efectiva nos concellos de Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove e debe realizarse antes do 1 de abril no seguinte enlace. Así mesmo, lémbrase que no Concello de Burela segue estando prohibido plantar.
Os veciños de Xove que queiras plantar patacas poden solicitarlo tamén na Delegación de Agricultural do Concello, con Dolores ou Belén.
Este trámite faise para a declaración de cultivo no que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismo de corentena Tecia solanivora povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia.