Os usuarios dos vestiarios da Rapadoira deberán entregar as chaves antes do 18 de abril

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz solicita aos usuarios dos vestiarios e cabinas que deben entregar as chaves antes do 18 de abril.
foz vestiarios cabinas rapadoira
4 Mar 2022

O Concello de Foz solicita aos usuarios dos vestiarios e cabinas que non tiveran entregadas as chaves dos mesmos sitos na praia da Rapadoira antes do día 15 de xaneiro de 2022, deben facelo efectivo con data límite 18 de abril, así como retirar as pertenzas que permanezan no seu interior.

Na praia da Rapadoira existen cabinas ou vestiarios os cales son adxudicados nunha lista pública na que se poderán anotar aqueles usuarios que queiran contar cun vestiario. Terán prioridade no primeiro ano de elección os actuais usuarios pero só nesta primeira lista.

A lista será renovada no primeiro día de xaneiro dos anos pares, entregando as chaves antes do 15 de xaneiro os usuarios saíntes, e deixando todo igual que lles foi entregado.

No primeiro ano par, seguinte ó da primeira lista publicada, correrase na súa totalidade, non podendo repetir ninguén máis de dous anos seguidos dende que se publique a ordenanza. O demandante do vestiario deberá solicitar por escrito a inclusión na lista de espera que será pública para que toda persoa que o desexe poida consultala.

E o aluguer será anual pola cantidade de 10 euros mensuais o que deixa a cota anual en 120 euros. Os veciños de Foz que estean empadroados terán un 20% de desconto nesta cota. O importe da cota acomodarase cada ano ás variacións que, en máis ou en menos, sufra o Índice Xeral de Prezos ao Consumo que fixe o Instituto Nacional de Estatística. O pago da cota anual pasarase no mes de xuño.

Reservarase un número de 4 vestiarios para persoas con discapacidade. Se non se presentasen solicitudes, estes vestiarios estarán sometidos ao réxime xeral.

0.16689705848694