Os usuarios do Centro San Pablo de Mondoñedo traballan nas súas alfombras florais
									AMariñaXa								
			No Centro Asistencial San Pablo y San Lázaro en Mondoñedo non quixeron desaproveitar a oportunidade para animar aos seus usuarios para elaborar estas pezas polo Corpus
 					
					
18 Jun 2024
			
				As alfombras florais son unha das tradicións con máis arraigo na nosa provincia. No Centro Asistencial San Pablo y San Lázaro en Mondoñedo non quixeron desaproveitar a oportunidade para animar aos seus usuarios para elaborar estas pezas polo Corpus.
Trátase dun centro dedicado á atención integral a persoas con discapacidade física e psíquica onde realizan actividades diarias cos seus residentes como paseos, excursións ou manualidades.
