Os usuarios do centro de día A Concordia e alumnos ribadenses participaron en 'Os anos que achegan'
AMariñaXa
Os usuarios do centro de día A Concordia e 120 alumnos de centros de ensino de Ribadeo participaron Nos anos que achegan, Festa da Primavera.
6 Maio 2023
As usuarias e usuarios do centro de día A Concordia e 120 alumnas e alumnos de varios centros de ensino de Ribadeo participaron do 2 ao 5 de maio en Os anos que achegan, Festa da Primavera.
Os anos que achegan é unha actividade interxeracional co galego como fío de unión, arredor dunha idea orixinal do centro de día A Concordia e está enmarcada no programa Apego.
Ata o centro de día achegáronse ao longo desta semana nenas e nenos da escola infantil Santa María do Campo, de Tangram, de Con Sentidiño, do Ceip Gregorio Sanz e do colexio Sagrado Corazón, que interactuaron coas persoas maiores coa colaboración do alumnado dos ciclos de educación infantil e de atención a persoas en situación de dependencia do CIFP Porta da Auga.