Os usuarios de Camiña Burela participaron nunha actividade de reciclaxe

AMariñaXa
Os usuarios de Camiña Burela participaron nunha actividade de reciclaxe e estivo organizada polas monitoras de Gaia
Gaia Burela semaforo reciclaxe
11 Feb 2022

Os usuarios da asociación Camiña participaron nunha actividade organizada polas monitoras de Gaia denominada O semáforo da reciclaxe

Segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, “trátase dun semáforo que consta de 3 cores: verde, azul e amarelo, que simulan a cor de cada colector. Ao longo de varias sesións aprenderán a usar o semáforo da reciclaxe. Onte foi  a quenda do colector verde iglú. Usando unhas tarxetas os participantes tiveron que distinguir entre vidro e cristal pegándoas no colector verde iglú do semáforo. Non podería faltar a presenza dun policía verde, que foi o encargado de vixiar que as tarxetas se colocasen correctamente coa premisa de que si isto non se facía correctamente sacaba unha sinal de prohibido”. 

Toñi Eijo dixo que “desta forma sinxela e divertida pretendemos concienciar da importancia de reciclar e facelo de forma correcta”.

0.16526198387146