Os traballadores do servizo do lixo en Viveiro ameazan cunha folga se non melloran as condicións salariais

AMariñaXa
O convenio co servizo de FCC está en punto morto e os empregados alertan dunha folga indefinida se non se reaxustan os salarios
Contedores-lixo-Viveiro-(1)
11 Mar 2026

Os traballadores da empresa encargada da recollida de residuos en Viveiro avisan de que se FCC mantén a súa postura inflexible, veranse obrigados a convocar unha folga indefinida na última semana de marzo e durante a próxima Semana Santa, nun período no que o municipio triplica a súa poboación.

A empresa que presta o servizo de recollida de lixo no concello conta con 30 traballadores, cuxos representantes sindicais consideran que as negociacións están rotas neste momento.

O secretario territorial de Servizos Públicos da Unión Xeral de Traballadores (UGT), Eliseo Rivas Pernas, critica a actitude da compañía, á que reclaman incrementos salariais similares aos que reciben os empregados públicos, e que a firma non está a ofrecer.

FCC propón un aumento do 2,5 % para o ano 2026, ningún incremento para o primeiro semestre de 2027 e un 4,5 % entre xullo e decembro dese mesmo ano, polo que o alza anual quedaría nun 2,2%, ao aplicarse só no segundo semestre. Para 2028 a empresa non contempla ningún incremento e para 2029 só ofrece un 1,5 %.

Ademais, os empregados exixen que en outubro se lles abone o incremento correspondente ao primeiro semestre, dado que os funcionarios teñen unha paga consolidada de 300 euros nese mes.

0.11783003807068