Os traballadores de Alcoa programan unha concentración en San Cibrao

AMariñaXa
O comité de empresa de Alcoa programa unha concentración para esixir a implicación do Goberno de España e da Xunta
Alcoa--mellora-da-eficiencia-enerxetica
23 Oct 2024

O comité de empresa de Alcoa programa unha concentración para esixir a implicación do Goberno de España e da Xunta de Galicia no conflito coa multinacional e pola defensa dos empregos na Mariña. A cita será o vindeiro 30 de outubro en San Cibrao, na praza Museo do Mar a partir das 20.00 horas. Deste xeito, o comité da fábrica de San Cibrao animan a toda a veciñanza a loitar e a apoiar aos empregados.

Anteriormente, o comité tamén comunicou que comezarán cos trámites de estudo para levar a cabo unha denuncia polo penal no referente ao incumprimento por parte da empresa do acordo de viabilidade. Segundo trasladan, a denuncia contemplará posibles delitos de descapitalización, estafa, substracións de bens e outros tras consultar varios penalistas.

concentracion a mariña alcoa
0.18816900253296