Os traballadores de Alcoa estudan "plantarse" diante do Ministerio de Industria

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, anunciou que estudan plantarse en Madrid coas súas demandas, isto ocorre tras non obter resposta do Ministerio de Industria ás súas reivindicacións.
27 Nov 2019

O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, anunciou que estudan plantarse en Madrid coas súas demandas, isto ocorre tras non obter resposta do Ministerio de Industria ás súas reivindicacións.

De momento, Zan di que están a preparar a concentración para o 4 de decembro en Foz, e avazou que se proxecten "outras movilizacións para visibilizar o tema". "É un problema ao final de toda a industria electrointensiva e fai falta que se lle unha solución canto antes", sostivo en relación a rebaixa no prezo da enerxía que supón o 40 por cento dos custos de produción.

O presidente do comité de empresa cometou que "en anos anteriores a planta de aluminio foi a que mantiña á da alumina". "Nós temos que mirar as plantas individualmente, e se a planta de aluminio non ten un prezo da enerxía como Francia ou Alemania o que se fará será levar a industria a estes países", sinalou.

Finalmente, José Antonio Zan avanzou que parten "con sesenta millóns de perdas no principio do ano e así non vai haber ningunha industria que se quede en España".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18586111068726