Os traballadores de Alcoa descoñecen as medidas da empresa e preparan a manifestación de Burela

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O comité de empresa asegura que a dirección da multinacional Alcoa non lles clarexa cando tomarán medidas en San Cibrao.
Captura de pantalla 2020 01 09 a las 16.31.39
19 Out 2019

O comité de empresa asegura que a dirección da multinacional Alcoa non lles clarexa cando tomarán medidas en San Cibrao. Os representantes dos traballadores mantiveron unha xuntanza, trala manifestación en Cervo do mércores, na que preguntaron polos recurtes anunciados a nivel mundial, que se concretan na revisión inmediata e durante cinco anos da carteira de activo, o que se traduce, segundo afirman os sindicalistas, en reduccións de producción, peches e ventas

«A día de hoxe inda non puxeron o nome de ningunha planta encima da mesa, pero si os criterios baixo os que se analizará a viabilidade das mesmas: 1. Dificultades polas que pasa e posibles solucións; 2. Enerxía; 3. Competitividade; 4. Custes», indican.

CONCENTRACIÓN EN BURELA. «Sobra resaltar a gravidade da situación e a necesidade de acudir e arrastrar xente á concentración do vindeiro xoves ás 20.30 horas en Burela. Trátase dunha auténtica emerxencia para nós e para A Mariña. Emerxencia que só pode solucionar o Goberno concretando as medidas que van poñer o prezo da enerxía ao nivel dos outros países da Unión Europea», sosteñen.

O comité agradece a iniciativa da Federación de Comercio da Mariña co reparto e envío de cartas ao presidente do Goberno reclamando unha solución para a enerxía, así como o apoio recibido do comercio de Xove e San Cibrao, que pecharon media hora durante as súas concentracións.

Os sindicalistas fanse eco das afirmación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que admitiu ver que hai un risco de peche en San Cibrao. Trala xuntanza semanal do Goberno galego e ante a posibilidade de novas desinversións de activos non estratéxicos anunciados pola multinacional estadounidense na presentación de resultados do terceiro trimestre, o presidente autonómico insistiu na necesidade de garantir canto antes prezos da enerxía competitivos.

 

0.16978597640991