Os traballadores de Vestas convocan unha caravana de coches en Lugo
LugoXa | AMariñaXa
O comité de empresa de Alcoa San Cibrao organiza unha nova manifestación para o venres 3 de decembro en apoio aos traballadores
1 Dec 2021
O comité de empresa de Vestas organiza unha nova manifestación para o venres 3 de decembro en apoio aos traballadores do sector industrial da Mariña lucense.
Este acto será unha caravana de vehículos que sairá do centro comercial As Termas de Lugo ás 12.00 horas para así rematar na carballeira de Fingoi.
O desmantelamento industrial da comarca non para e o ERE de Alcoa afectaría a 524 traballadores da planta de aluminio primario de San Cibrao e o peche de Vestas afectaría a un total de 115 empregos directos.