Os traballadores de Alcoa aprazan a folga unha semana

AMariñaXa
A ministra lembrou que é importante "estar unidos, tanto as Administracións como os sindicatos, fronte á multinacional do aluminio".
ALCOA asamblea tralladores
5 May 2021

Os traballadores de Alcoa en San Cibrao volveron reunirse hoxe ao mediodía co obxectivo de decidir que medidas tomar trala finalización do prazo previsto para pechar a venda da fábrica. Así, acordaron prorrogar durante unha semana máis o acordo para manter a paz social mentres se negocia a posible venda da planta de aluminio primario entre a multinacional e a SEPI.

O comité de empresa informou dun compromiso acadado coa ministra de Industria, Reyes Maroto, para axilizar o proceso de venda aínda que nun principio expúxose a posibilidade de reiniciar a folga este xoves.

Esta prórroga permitirá tamén que a Avogacía do Estado dispoña dos días que solicitou o secretario de Industria, Raül Blanco, para definir o papel da Sepi na operación de triangulación —Alcoa, Sepi e comprador final— para a venda da planta e "responder así á proposta" da propia multinacional, sobre a base do acordo alcanzado o 27 de setembro.

O comité precisa que durante este período a folga permanecerá suspendida e manterase a paz social pero que unha vez finalizado o prazo, o vindeiro mércores, se non houbese avances, a folga quedaría reactivada de novo, conclúe o comité nun comunicado.

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, participou nunha reunión telemática de seguimento sobre o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao na xonrada de onte, onde pediu aos sindicatos unidade de acción para alcanzar un acordo satisfactorio que garanta as capacidades produtivas da planta de Lugo.

Tamén trasladou o interese de varias empresas na planta, incluso algúns investidores españois, "o que demostra que a fábrica é viable", di a ministra.

Incidiu en pedir aos sindicatos confianza no Goberno español e detallou as actuacións levadas a cabo polo Ministerio para acompañar aos traballadores na procura dunha solución, como a comparecencia do Ministerio de Industria no proceso do ERE presentado por Alcoa.

A ministra lembrou que é importante "estar unidos, tanto as Administracións como os sindicatos, fronte á multinacional do aluminio".

Maroto comprometeuse a falar coa central de Alcoa para coñecer se manteñen o seu compromiso de vender, iso si, sen as esixencias inalcanzables que esixiu. E pediralles que analicen a viabilidade dos diferentes proxectos presentados, vendan e deixen de causar dano na Mariña.

O Goberno, como o fixo desde o principio, pon todos os instrumentos á súa disposición, incluída a SEPI para facer posible esta venda e traballará coa Xunta de Galicia para acompañar os proxectos de futuro para a planta da Mariña.

0.16306209564209