Os títeres chegan a Trabada o domingo e os inchables o día 15, polo San Roque

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
11 Ago 2019

A programación adicada aos nenos sobre todo para o mes de agosto en Trabada inclúe un espectáculo de títeres de Tanxarina, titulado 'A Galiña Azul', ás 21 horas, na casa da cultura deste domingo, día 11.

Despois, o xoves 15 de agosto, cando se supón que comezan as festas patronais de San Roque na localidade se ben aínda non se divulgaron os carteis co programa festivo, o campo de fútbol encherase con inchables e tobogáns deslizadores, probas de obstáculos e todo elo para os cativos, a partir das 18 horas.

A diversión non para ahí porque o venres, 16, ás 18 horas na Praza do Concello, o Mago Paco encargarase de facer un pasarrúas máxico. Xa o sábado, 17 de agosto, ás 22 horas, na Praza do Concello, o cine na rúa será o protagonista e todo o que queira achegarse poderá ver a película 'Campeones'.

O domingo 18, ás 21 horas, no mesmo lugar, Pakolas tocará o seu concerto 'A gramola gominola' e xa, ao fin, para rematar as actividades infantís de agosto en Trabada, ás 16 horas no río Eo haberá actividades acuáticas xunto ao campo da festa da Ría de Abres.

 

0.15095591545105