Os talentos da escena electrónica europea cítanse no Festival ETHER en Viveiro

AMariñaXa
A sétima edición do festival de música electrónica ETHER – An Electronic Odyssey realízase nos días 18, 19 e 20 de xullo no Parque da Misericordia en Viveiro, xunto á capela do Ecce Homo.
lilly_palmer_festival_ether
11 May 2024

A sétima edición do festival de música electrónica ETHER – An Electronic Odyssey realízase nos días 18, 19 e 20 de xullo no Parque da Misericordia en Viveiro, xunto á capela do Ecce Homo. A principal novidade será o aumento de días e un cartaz composto por máis de 18 artistas nacionais e internacionais, sendo a maior aposta da historia do festival. Nos próximos días, iranse revelando os artistas.

Na edición deste ano continúan a apostar nun line-up moi coidado e variado en termos de artistas e estilos musicais, para satisfacer tanto os gustos dun público máis veterano como de un público novo. Neste sentido, a filosofía do festival mantense intacta: traer para Viveiro os mellores talentos da emerxente escena electrónica europea.

Ether – An Electronic Odyssey é un festival onde se pode desfrutar non só dunha experiencia musical do mais alto nivel, mais tamén da natureza, gastronomía e lecer que Viveiro e A Mariña ofrecen durante o verán.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18075895309448