Os socialistas piden a Candia que "se poña a traballar para que Altri se instale na Mariña"

AMariñaXa
Os socialistas empraza a Elena Candia a que deixer de despretixialos e que se poña a traballar para que Altri se instale na Mariña
psoe marina plan reconstruccion  foto de arquivo viveiro
27 Jan 2022

Patricia Otero acusou a Elena Candia de utilizar a tribuna do Parlamento de Galicia “para tentar desprestixiar con insidias e mentiras aos alcaldes da Mariña”

A secretaria provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero acusou a Elena Candia de utilizar a tribuna do Parlamento de Galicia “para tentar desprestixiar con insidias e mentiras aos alcaldes da Mariña, uns empregados públicos que dedican máis horas das que ten o día para traballar pola veciñanza”.

“Lonxe de celebrar- como suxeriu Candia- o que si fan os alcaldes socialistas é apoiar e respectar a decisión lexitimamente adoptada polos traballadores, algo que ela non fai, e, ao mesmo tempo esixir ás Administracións que vixíen escrupulosamente o cumprimento do acordo ao que chegaron os traballadores con Alcoa. Coa finalidade de que cubas poidan poñerse en funcionamento antes de xaneiro de 2024”, puntualizou a Deputada.

Otero explica que “tanto o insulto persoal como a manipulación son dúas constantes nas intervencións públicas da responsable provincial do PP. Por iso recomendámoslle que cambie ese tempo que emprega en sementar discordia, para que sexa verdadeiramente útil e se poña a traballar pola provincia”, insistiu.

A responsable socialista emprazou a Elena Candia a que comece a súa folla de ruta “reclamándolle á Xunta que promova a instalación na Mariña da empresa Altri. Porque como comprobamos, ao silencio da Xunta ante as reivindicacións que os socialistas lle enviamos para promover este proxecto, súmase o vergoñento silencio de Elena Candia, que é incapaz de mover un só dedo para esixir ao Goberno de Feijóo que traballe para a instalación de Altri na Mariña. O único que denota con esta actitude, é que o PP e Candia non consideran importante a reindustrialización da súa comarca e os postos de traballo que esta empresa suporía”, advirte.

Pola contra, Patricia Otero denuncia que o PP “adicase a proclamar insidias contra aos alcaldes socialistas da Mariña Lucense. Os traballadores de Alcoa saben moi ben que contaron e contan co noso apoio para que a actividade industrial se recupere canto antes, e consolide un futuro de emprego digno. Polo tanto, reclamamos ao PP e a Elena Candia que apoie sen ambigüidades e sen fisuras a reivindicación do PSdeG para que Altri veña á Mariña, como xa o reivindicamos no Parlamento de Galicia”, remarcou.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18147897720337