Os socialistas de Xove denuncian unha "falta de transparencia" na selección de persoal no Concello
Dende o Grupo Socialista de Xove denuncian que os procesos selectivos de persoal no Concello de Xove se fan de forma unilateral polo alcalde, “o que nos parece unha falta de transparencia con un sistema pouco democrático o propio de un sistema presidencialista”, aseguran. Deste xeito, sinalan que na convocatoria de dúas prazas de operario de servizos múltiples como persoal laboral fixo recollidas no OPE 2022 e na OPE 2023 do Concello para a súa cobertura definitiva se cometeron varias irregularidades.
“Que foron denunciadas por os opositores, como foi a exclusión por non acadar unha puntuación mínima e tamén por que a composición do tribunal non cumpría os requisitos que a lei establece, sendo anulada por decreto da Alcaldía, o que deixa claro que as cousas non se están facen ben”. Para eles este supón un pequeno exemplo “de como funciona a contratación de persoal e tamén de obras e servizos neste concello”.
Sinalan a falta dunha comisión de contracción que debe estar composta por todos os grupos con representación na Corporación, “o que xa de por si da a idea de falta de transparencia, e tamén falta de información negándolle a oposición a posibilidade de coñecer de primeira man as decisións do Goberno Local e o mais importante non dar opción a facer propostas ou simplemente debater e matizar estes actos de contratación”.
Lembran que nos anos 80 en Xove debatíanse estes conceptos, “o que dá unha idea de que o debate e a transparencia sempre son necesarios, o que non quere dicir que a última decisión a ten o que ostenta a maioría”. Por iso, votan en falta “ ese talante democrático, esas ganas de traballar, xa que a democracia tan importante é un bo goberno coma unha boa oposición, que ten a procura de control a xestión e tamén de facer propostas ou mellorar as que o Goberno considera”. Pretenden así acabar “con esa actitude presidencialista” e establecer órganos de debate e informativos co ánimo de traballar para mellorar este concello.