Os socialistas de Mondoñedo rexeitan os orzamentos do PP

AMariñaXa
O Grupo Socialista de Mondoñedo sinala que o Goberno do PP inviste novamente mais de 78.000 euros en propaganda e publicidade.
vivenda da xunta os muinos mondonedo 1
7 Dec 2021

O Grupo Socialista de Mondoñedo sinala que o Goberno do PP inviste novamente mais de 78.000 euros en propaganda e publicidade. Así o dixeron tras rexeitar na sesión plenaria celebrada este martes día 30, o orzamento do 2022.

Os socialistas sinalan que segundo consta nas propias contas municipais “o 95% do gasto do Concello esta adicado a persoal así como a gasto corrente,  e onde resulta unha pequena diferencia de 163.000 euros, que se destinan a obras”. “Pero un ano máis criticamos os gastos na partida de publicidade de propaganda de 53.300 euros, á que se suma outros 25.500 euros de gastos de protocolo, as dúas ascenden a un montante total de 78.800 euros. E pola contra, para o capitulo de fomento de emprego hai tan só 46.000 euros. Polo tanto, o PP prioriza claramente a propaganda e a publicidade do seu Goberno e non a creación de emprego no noso Concello, como queda constatado”.

ROGO

Nesta mesma sesión plenaria tamén demandamos ao Goberno Local que inste a Xunta de Galicia, ou cantas institucións estime oportunas, para habilitar axudas para o aluguer das dúas vivendas de protección oficial situadas no Barrios dos Muíños, que son propiedade da Xunta. “Levan un ano rematadas, e xa se adxudicaron varias veces, pero actualmente seguen baleiras”. Hai que lembrar que nestes dous inmobles investíronse preto de 400.000 de fondos públicos, e onde o propio Concello de Mondoñedo tamén tivo que executar obras de saneamento con fondos propios.

vivenda da xunta os muiños mondoñedo
0.2258038520813