Os socialistas concéntranse en apoio a Pedro Sánchez

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os socialistas de Lugo uníronse esta mañá de sábado, desde primeira hora, para mostrar o seu apoio ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez Pérez-Castejón, baixo unha nevarada.
concentracion psoe pedro sanchez
27 Apr 2024

Os socialistas de Lugo uníronse esta mañá de sábado, desde primeira hora, para mostrar o seu apoio ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez Pérez-Castejón, baixo unha nevarada.

A concentración, na que participaron militantes, simpatizantes e cargos de diversas administracións, tivo lugar diante da oficina do partido na rúa Salmón ao grito unánime de "Non estás só".

Son moitas as mostras de solidariedade co presidente do Goberno que se veñen amosando nas distintas localidades e Lugo optou por facelo este sábado.

O secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé, e presidente da Deputación mandou unha carta aberta ao presidente Sánchez.

"Querido Presidente Pedro Sánchez,

Como Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na Provincia de Lugo e Presidente da Deputación de Lugo, quero trasladarche todo o apoio, respecto, empatía e cariño en nome propio e de todos e todas os milleiros de simpatizantes e militantes da nosa provincia.

Entendo a túa dor e preocupación pola campaña de mentiras, falsidades e manipulacións que a dereita e a ultradereita leva difundindo dende hai moito tempo sobre ti e a túa familia. Non é xusto. Comprendo o difícil que é afrontar estas situacións día tras día, pero véxome no deber de pedirche que fagas un novo esforzo de resistencia para evitar que aqueles que non merecen chegar ao Goberno de España o logren a través da difamación e a desinformación. Non todo vale.

Aquí en Galicia coñecemos ben a forma de actuar de Alberto Núñez Feijóo, quen no 2009 chegou ao Goberno da Xunta de Galicia baseando a súa campaña en dúas grandes mentiras: a suposta compra dun coche oficial blindado moi custoso por parte de Touriño e a adquisición dunhas cadeiras por parte do Conselleiro Méndez Romeu, acusándoo de despilfarro. Estes casos evidencian como a manipulación e as falsidades poden prexudicar gravemente a aqueles que buscan servir ao país.

Os cargos socialistas fomos obxecto en numerosas ocasións de investigacións ou imputacións nos últimos anos, resultando os casos arquivados ou os compañeiros e compañeiras absoltos. Desafortunadamente, algúns non puideron recuperar os seus postos, o que representa unha grave inxustiza. Pídoche que non caias nos mesmos erros e que non permitas que as sucias tácticas da dereita e a ultradereita prevalezan.

Contas co meu total apoio para que sigas traballando incansablemente en beneficio de todos e todas os españois, mellorando as súas condicións e calidade de vida, loitando por novos dereitos sociais e laborais, fortalecendo a economía e creando emprego. O teu liderado foi fundamental para posicionar a España nun lugar destacado a nivel internacional, e confío en que seguirás desempeñando un papel exemplar á fronte do Goberno.

Recibe unha enorme aperta e todo o meu respaldo para seguir adiante. Xuntos, superaremos os obstáculos e construiremos un futuro próspero e xusto para todos e todas".

EN GALICIA

Pero as concentracións sucedéronse por toda Galicia tamén, a principal tivo lugar en Santiago, presidida por José Ramón Gómez Besteiro.

“Traio ao Comité Federal a voz do socialismo galego, unha voz cargada de comprensión e apoio ao presidente do Goberno”. O secretario xeral electo do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou á súa chegada á sede do PSOE, que hoxe acolle a reunión do máximo órgano do partido entre congresos, unha mensaxe de respaldo a Pedro Sánchez ante a campaña organizada contra el polas dereitas.

Besteiro falou dende “a experiencia que xa vivimos os galegos, e eu tamén en carne propia”, a das consecuencias da “política sucia do Partido Popular”. Lembrou que en 2009 Núñez Feijoo “chegou ao Goberno de Galicia despois da campaña máis sucia, sen precedentes, da democracia do noso país”.

“Iso é o que está achegando tamén aquí, en España, a deslexitimación, a acusación, a xudicialización, a parte máis escura da política”, advertiu o tamén portavoz do grupo socialista no Parlamento galego. “Non esperen nada mellor, non esperen nada salvo o ‘canto peor, mellor’, e fronte a iso non cabe nin un paso atrás nin un paso ao lado. Fai falta un paso firme adiante”, concluíu.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17137980461121