Os Sendeiros de Foz preparan unha nova saída ata o Castro de Doade en Lalín

Foz
AMariñaXa
Os Sendeiros de Foz continúa coa organización de roteiros e o domingo 13 de marzo realizarán unha nova saída polo Castro de Doade
sendeiros de foz
25 Feb 2022

A asociación Os Sendeiros de Foz continúa coa organización de roteiros e o domingo 13 de marzo realizarán unha nova saída polo Castro de Doade, en Lalín, de dificultade media.

A saída está prevista para ás 6.00 horas e os desprazamentos faranse en autobús coa intención de rematar para xantar todos xuntos. O punto de inicio será diante de Cenor, en Foz.

Os socios non federados deberán pagar 54 euros e os socios temporais, 58 euros, sendo 50 euros para os socios federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e máscara. As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o día 9 de marzo nos teléfonos 606 718 482 ou 670 369 017 ou mesmo no correo ossendeiros@yahoo.es.

0.10994601249695