Os Sendeiros de Foz preparan unha nova saída á serra do Galiñeiro

A asociación Os Sendeiros de Foz continúa coa organización de roteiros e o domingo 3 de abril realizarán unha nova saída pola Serra do Galiñeiro, de dificultade media.
A saída está prevista para ás 6.00 horas e os desprazamentos faranse en autobús coa intención de rematar para xantar todos xuntos. O punto de inicio será diante de Cenor, en Foz.
Os socios non federados deberán pagar 42 euros e os socios temporais, 46 euros, sendo 38 euros para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e máscara. As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o día 29 de marzo nos teléfonos 606 718 482 ou 670 369 017 ou mesmo no correo ossendeiros@yahoo.es.