Os Sendeiros de Foz preparan un novo roteiro para o domingo
AMariñaXa
A asociación Os Sendeiros de Foz continúa coa organización de roteiros e o domingo 23 realizarán unha nova polo monte Roxal
19 Xan 2022
A asociación Os Sendeiros de Foz volve organizar unha ruta para rematar este mes de xaneiro, e nesta ocasión será o domingo 23 polo Monte Roxal-Teixido en Trabada.
A saída está prevista para as 9.00 horas diante de Cenor en Foz, e ás 8.45 dende Ferreira, os desprazamentos faranse en coche coa intención de levar algo para xantar.
Os socios non federados deberán pagar catro euros e os socios temporais, cinco, sendo gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, pasaporte covid e máscara. As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o día 21 nos teléfonos 606 718 482 ou 670 369 017 ou mesmo no correo ossendeiros@yahoo.es.