Os Sendeiros de Foz preparan a ruta de Pena Trevinca e Puebla de Sanabría

Foz
AMariñaXa
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha nova ruta, pero nesta ocasión desprazaranse ata Portugal.
20 Feb 2024

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 21, 22 e 23 de xuño de 2024, a ruta de Pena Trevinca e Puebla de Sanabría.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar e a durmida, son: 260 euros para socios federados, 265 euros para socios non federados e 270 euros para socios temporais. Haberá un suplemento de habitación individual de 65 euros.

O prazo para anotarse remata o 27 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606 718 482 ou 670 369 017 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade medio alta, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

0.19130396842957