Os Sendeiros de Foz organiza unha nova andaina polos muíños de Abadín

Foz
AMariñaXa
A saída terá lugar o domingo 25 de xaneiro cun percorrido de dificultade media e xantar incluído
sendeiros-de-foz
12 Jan 2026

O Club de Montañismo Os Sendeiros de Foz volve propoñer unha nova cita coa natureza a través dunha andaina que levará ás persoas participantes a descubrir a ruta dos muíños de Abadín. A actividade celebrarase o domingo 25 de xaneiro de 2026 e forma parte do calendario anual de sendeirismo da entidade.

A saída realizarase ás 8:00 horas desde Foz, concretamente desde o Cenor Belianorte, mentres que ás 8:15 horas haberá unha segunda recollida en Ferreira. O percorrido está catalogado como de dificultade media e permitirá gozar de paisaxes naturais de gran valor, con tramos que discorren xunto a ríos, bosques e antigas construcións tradicionais.

O prezo da actividade varía en función do tipo de inscrición: 45 euros para socios federados, 50 euros para socios non federados e 55 euros para socios temporais, incluíndo en todos os casos o xantar. Desde a organización recoméndase levar equipamento axeitado para a práctica do sendeirismo.

A inscrición é obrigatoria e deberá realizarse antes do luns 19 de xaneiro, a través dos teléfonos habituais do club ou mediante correo electrónico. A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Foz e da Deputación de Lugo.

CALENDARIO COMPLETO ANUAL

 

⚙ Configurar cookies
0.09040904045105