Os Sendeiros de Foz organiza un roteiro polas Minas da Pontenova
AMariñaXa
A asociación Os Sendeiros de Foz continúa coa organización de roteiros e o domingo 24 realizarán unha nova polas minas da Pontenova
22 Abr 2021
A asociación Os Sendeiros de Foz continúa coa organización de roteiros e o domingo 25 de abril realizarán a súa polas Minas da Pontenova, de dificultade media.
A saída está prevista para as nove da mañá e os desprazamentos faranse en coche coa intención de levar algo para xantar. O punto de inicio será diante de Cenor, en Foz.
Os socios non federados deberán pagar tres euros e os socios temporais, catro, sendo gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e máscara. As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o día 23 nos teléfonos 606 718 482 ou 670 369 017 ou mesmo no correo ossendeiros@yahoo.es.