Os Sendeiros de Foz farán unha ruta en Trabada o vindeiro domingo
TerraChaXa | AMariñaXa
12 Xan 2021
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza para o vindeiro domingo, 17 de xaneiro, a ruta de Alto do Picato, en Trabada, que se desenvolverá a partir das 9.00 horas con saídas dende Foz e Ferreira. O desprazamento farase en coche ata o punto de partida da ruta.
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o día 15 nos teléfonos 606.718.482 e 670.369.017 ou a través do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. A ruta é de balde para os socios federados, e custa 3 euros para os socios non federados e 4 para os temporais. A ruta ten unha dificultade media e os organizadores recomendan aos participantes levar equipos de sendeirismo.