Os romeiros volven gozar do Naseiro de Viveiro da man dunha nova comisión

AMariñaXa
O Naseiro, declarada de Interese Turístico Galego, celébrase grazas a unha nova comisión que asegura o futuro desta cita
naseiro
23 Ago 2024

O Naseiro, declarada de Interese Turístico Galego, arranca este venres da man dunha nova comisión que asegura o futuro desta celebración considerada unha das máis emblemáticas e consolidadas no municipio. A cita, que forma parte da historia viva do concello tras xuntar a varias xeracións en cada unha das súas edicións, volverá a facer gozar aos romeiros e romeiras. A anterior comisión encargada de celebrar a Romaxe do Bo Xantar renunciou despois de anos a cargo da organización e o Goberno local tampouco puido facer fronte.

Finalmente, unha nova organización púxose á fronte do programa que volve aglutinar  durante cinco días música, gastronomía, bo ambiente e, sobre todo, moita tradición que se remonta aos tempos da República. A Romaxe do Bo xantar comeza este venres 23 co Día do Polbo amenizado por Charanga.

O sábado haberá dende as 133.30 horas misa na Capela do campo da festa e procesión. Nesta xornada actuarán o grupo JB Son e Los Alcántara. O domingo haberá de novo misa e procesión e música da man das orquestras Supertop e Platinum. O programa continúa o luns coas orquestras Salsarena e o grupo Arizona. O Naseiro seguirá o martes 27 coas actuacións do grupo Zona Zero e a disco móbil Conxuro. Os cativos serán os protagonistas o mércores 28 do Día do Neno. Tamén haberá sesión vermú de 14.30 a 16.00 e verbena a partir das 23.00 horas, ademais de pasacalles con Bágoas de Terra.ç

Transporte público para a festa

O Concello recomenda empregar o transporte público para asistir e para volver da festa, coa fin de evitar na medida do posible o exceso de tráfico. O autobús, que sairá dende a praza de Lugo cara ao Campo da Festa, estará dispoñible dende este venres 23 de agosto, ás 18.00, e ata o mércores 28 ás 11.00.

Funcionará de xeito ininterrompido con frecuencias de 30 minutos aproximadamente. O prezo para acceder ao bus será de 1.50 euros. Así mesmo, o Concello lembra á veciñanza que o espazo no que se celebra a festa é parte da Rede Natura, polo que se roga un especial coidado e responsabilidade dada a importancia medioambiental do mesmo.

Tendo en conta a gran cantidade de vidro que se xera durante a romaría, dende o Concello solicítase que este sexa depositado exclusivamente nos contedores específicos habilitados para o mesmo. Ademais, lémbrase a importancia de traer de volta todo o que se leve á festa, e de depositar todos os enseres e residuos nos catro puntos de recollida que estarán en funcionamento.

programa naseiro
0.18122410774231