Os Reis Magos volven a Alfoz da man da asociación O Castelo
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza para o vindeiro xoves 5 de xaneiro a tradicional Cabalgata dos Reis Magos.
"Malia todo o traballo que teñen, os Reis Magos lograron facer un oco na súa axenda e van estar polo noso Concello", dixeron dende a asociación.
Así, comezará ás 16.00 horas na casa da cultura, seguira ata a igrexa das Oiras ás 16.15 horas, despois á do Pereiro ás 16.20, chegará á Pinguela ás 16.30 horas, Reirado ás 16.40, á igrexa de Bacoi ás 17.00, á de Carballido ás 17.15 horas, á de Adelán ás 17.30 horas, Castro 17.45 e rematarán no pavillón ás 18.00 horas para desfrutar de inchables e unha chocolatada.
As maxestades atenderán aos máis pequenos da casa por toda a ruta descrita, e por último achegaranse ao pavillón de Alfoz. Alí escoitarán as peticións das nenas e nenos e recollerán as cartas que sexan necesarias.