Os Reis Magos visitarán diferentes puntos de Alfoz

AMariñaXa
O Concello de Alfoz logrou contactar cos Reis Magos e pediulles que se pasasen polo Concello. As maxestades atenderán aos máis pequenos
3 Xan 2024

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza para o vindeiro venres 5 de xaneiro a tradicional Cabalgata dos Reis Magos.

Así, comezará ás 16.00 horas na casa da cultura, seguira ata a igrexa das Oiras ás 16.15 horas, despois á do Pereiro ás 16.20, chegará á Pinguela ás 16.30 horas, Reirado ás 16.40, á igrexa de Bacoi ás 17.00, á de Carballido ás 17.15 horas, á de Adelán ás 17.30 horas, Castro 17.45 e rematarán no pavillón ás 18.00 horas para gozar de biscoito e unha chocolatada, así como de inchables.

As maxestades atenderán aos máis pequenos da casa por toda a ruta descrita, e por último achegaranse ao pavillón de Alfoz. Alí escoitarán as peticións das nenas e nenos e recollerán as cartas que sexan necesarias.

 

0.1081440448761