Os Reis Magos saudarán aos nenos desde o Quiosco da Música de Ribadeo

AMariñaXa
Por segundo ano consecutivo os Reis Magos saudarán ás nenas e aos nenos de Ribadeo desde o quiosco da música o vindeiro mércores, 5 de xaneiro, entre as seis e as oito e media da tarde.
reis magos 1231
3 Xan 2022

Por segundo ano consecutivo os Reis Magos saudarán ás nenas e aos nenos de Ribadeo desde o quiosco da música o vindeiro mércores, 5 de xaneiro, entre as seis e as oito e media da tarde.

Melchor, Gaspar e Baltasar contactaron co Concello para comunicar que atenderán as recomendacións da Xunta, polo que non haberá desfile, pero si se poderá ver aos Reis Magos en Ribadeo. 

Logo desta breve aparición dos Reis Magos todos os nenos e nenas deberán marchar para os seus fogares coas súas familias, prender o ordenador, a tablet ou o móbil e buscar no facebook do Concello de Ribadeo, porque alí, e por segundo ano consecutivo, os Reis Magos van facer o seu discurso virtual para todos os nenos e nenas de Ribadeo, tanto da vila como das parroquias.

Esta solución foi a que acordaron desde o Concello de Ribadeo coa comisión da cabalgata e tamén cos propios Reis Magos como o mellor xeito de actuar con responsabilidade para que a pandemia non vaia a máis ao tempo que garantir que os Reis Magos fagan o seu traballo con seguridade e con eficacia, coma sempre.

0.18472719192505