Os Reis Magos lanzaranse na tirolina da Pontenova
AMariñaXa
O Concello da Pontenova prepara a Cabalgata de Reis o venres 5 de xaneiro.
3 Xan 2024
O Concello da Pontenova prepara a Cabalgata de Reis o venres 5 de xaneiro. Na que as maxestades de Oriente lanzaranse en tirolina ás 17.30 horas.
Máis tarde, arredor das 18.00 horas, chegarán á praza dos Fornos para falar e divertirse cos pequenos.
Despois trasladaranse ata a casa da cultura para repartir agasallos e lambetadas a todos os visitantes.