As Maxestades de Oriente farán parada en 16 parroquias de Mondoñedo antes da Cabalgata
Os Reis Magos, achéganse a Mondoñedo este domingo 5 de xaneiro, e farán diversas paradas. A Cabalgata efectuará a súa saída ás 18.00 horas na Alameda dos Remedios e finalizará ás 19.00 horas no Auditorio. Unha vez aló, as Maxestades recibirán con agasallos a todas as nenoas e nenos. Posteriormente, a AC Pasatempo ofrece unha chocolatada na entrada do auditorio.
AS MAXESTADES POLAS PARROQUIAS
As Maxestades de Oriente andarán pola mañá percorrendo as distintas parroquias de Mondoñedo. Os horarios de paso son aproximados: ás 9.30 horas en Pelourín/Cesuras, os máis madrugadores; ás 10.00 por Estelo/Troncesa; 10.30 por Figueiras; 10.45 por Ponte de Villoalle; ás 11.15 por Couboeira; ás 11.30 en Oirán; ás 12.00 por Masma; ás 12.15 en Vilamor; ás 12.30 en O Carme; ás 13.00 por Lindín; ás 13.30 por Santa María Maior; ás 14.00 en Argomoso; ás 14.30 por San Vicente e ás 14.45 por Sasdónigas.
Tamén pola tarde visitarán a Residencia San Rafael e o Hospital de San Pablo.