Os Reis Magos de Oriente sairán dende a rúa do Ril de Burela

AMariñaXa
Este xoves 5 de xaneiro ás 19.00 horas sairá da rúa do Ril a Cabalgata das SS. MM. os Reis Magos de Oriente,
reis magos burela 2019
3 Xan 2024

O Concello de Burela recibe o venres, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran xornada de festa dirixida á rapazada da vila e as súas familias.

A cabalgata de Melchor, Gaspar e Baltasar sairá ás 19:00 horas da rúa do Ril e o percorrido terminará na praza da Mariña, onde celebrarase a recepción das súas maxestades. Haberá rosconada con premios e chocolatada, ademais do gran sorteo do chupachup de ouro valorado en 3.000 euros.

“A deste venres será unha tarde chea de maxia, antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos da casa. Animamos a toda a veciñanza a achegarse á cabalgata, desfrutar e saudar aos Reis Magos na carpa da praza da Mariña", sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.

A continuación, a partir das 20.00 horas chega a Rosconada e Chocolatada da man de ACIA Burela. Ademais, haberá roscón sen gluten e chocolate sen lactosa para que ninguén se perda esta cita. Os tíckets para degustar esta Rosconada e Chocolatada estarán á venda a partir das 18.00 horas, o prezo será de 2 euros por ración.

No caso de que a meteoroloxía sexa moi adversa, o concello informará dos posibles cambios no percorrido da cabalgata.

0.14883208274841