Os Reis Magos atenderán aos máis pequenos de Alfoz na tarde do día 5

AMariñaXa
O Concello de Alfoz logrou contactar cos Reis Magos e pediulles que se pasasen polo Concello. As maxestades atenderán aos máis pequenos
Alfoz cabalgata reis 2021 1
4 Xan 2022

O Concello de Alfoz logrou contactar cos Reis Magos e pediulles que se pasasen polo Concello. As maxestades atenderán aos máis pequenos da casa pola seguinte ruta descrita, e por último achegaranse ao pavillón de Alfoz para atender a quen así o desexe e recoller as cartas que sexan necesarias.

Dende a directiva da Asociación O Castelo decidiron realizar un formato reducido deste evento e non contará coa oferta lúdica nin ca tradicional chocolatada.

Así, comezará ás 16.15 horas na casa da cultura, seguira ata a igrexa das Oiras ás 16.30 horas, despois á do Pereiro ás 16.45, chegará á Pinguela ás 17.15 horas, Reirado ás 17.30, á igrexa de Bacoi ás 17.50, á de Carballido ás 18.00 horas, á de Adelán ás 18.15 horas, Castro 18.30 e rematarán no pavillón ás 19.00 horas.

0.16620111465454