Os produtos do mar galegos están presentes na feira alemá Anuga

AMariñaXa
A feira alemá Anuga que se celebra na cidade de Colonia acolleu un posto de máis de 140 m2 sobre os produtos do mar galegos.
GALICIA SABE AMAR feira Colonia2
12 Out 2021

A feira alemá Anuga que se celebra na cidade de Colonia acolleu un posto de máis de 140 m2 sobre os produtos do mar galegos.

Alí o Goberno galego promociona os peixes e mariscos galegos a través da campaña Galicia sabe amar, que incide na importancia de consumilos e na gran variedade de peixes e mariscos da máxima calidade que o complexo mar-industria de Galicia pon a disposición da cidadanía.  

Ademais o posto da Consellería do Mar alberga a nove empresas coexpositoras que contan cun espazo propio no expositor que o Executivo galego ten neste evento. 

A feira Anuga é de carácter bienal e está dirixida a un público exclusivamente profesional e nela danse cita cadeas de supermercados e distribuidores do sector, tanto de venda ao por maior como minoristas. Por primeira vez a feira conta ademais cun formato dixital que ofrece a posibilidade de establecer unha rede de contactos. 

GALICIA SABE AMAR feira Colonia1
0.22836995124817