Os premios Exceleite agasalla unha empresa ribadense

LugoXa | AMariñaXa
17 Nov 2019

Os premios Exceleite, os galardóns á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia, foron entregados en Santiago de Compostela. Os premios agasallaron entre outras á empresa ribadense Bruno Cid Cid cun segundo premio .

Púxose en valor os produtos do agro en xeral e o leite en particular, “temos a mellor materia prima”, matizou o conselleiro do Medio Rural, e engadiu que esa calidade vén abalada polo traballo e seriedade dos gandeiros nas explotacións. Un traballo, dixo, que está reforzado coa actuación dos técnicos, dos veterinarios e de todo o persoal que asesora aos produtores, incluíndo tamén a industria e a distribución.

Estes premios teñen como finalidade recoñecer aos gandeiros máis comprometidos co seu traballo e, polo tanto, coa calidade do leite que producen nas súas explotacións. Así, estes galardóns distinguen ás granxas en tres categorías en función do seu tamaño (pequenas, medianas e grandes) e, á súa vez, estas subdivídense cada unha delas en tres grupos segundo o sistema de produción (intensivo, semiextensivo ou extensivo). Tamén se recoñecen de xeito específico as mellores explotacións ecolóxicas.

A estes premios optaron todas as explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia que realizan os seus autocontrois de calidade no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) e que estiveran dadas de alta no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi) e, no caso das ecolóxicas, no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). Polo tanto, os gañadores pasaron uns controis serios e rigorosos levados a cabo por profesionais do Ligal, veterinarios e técnicos da Consellería, e que dan mostra do comprometidos que están coa calidade do seu produto.

Galicia segue sendo líder en España no sector lácteo, con preto do 40% da produción do leite total, e en este eido produtivo é un dos motores do rural galego e da economía da comunidade. Impulsar a calidade da produción agroalimentaria é vital para o desenvolvemento dun rural forte e con futuro e para iso é preciso conseguir mellores prezos para que permitan seguir gozando da mesma calidade do produto como ata o de agora. 

Precisamente sobre esta materia, indicouse que xa hai unha aplicación móbil en desenvolvemento para que todos os gandeiros poidan calcular os custos de produción de maneira sinxela e rápida, co fin de que esa calidade do leite sexa recoñecida tamén polo propio consumidor.

Deste xeito, Galicia seguirá sendo un referente dentro e fóra das fronteiras grazas a aposta pola calidade, un fito prioritario que se materializou xa en ferramentas como a marca Galega 100%.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.074634790420532