Os premios da Gran Feira Cabalar das San Lucas recoñecen aos mellores exemplares
O deputado de Medio Rural Daniel García participou este mércores na entrega de premios da Gran Feira Cabalar das San Lucas, en Mondoñedo. Na cita recoñecéronse as mellores gandarías e exemplares da feira e da baixada tradicional.
Deste xeito, recibiron premios as gandarías con máis exemplares na feira e na baixada, así como os mellores exemplares macho e femia de Pura Raza Galega, Pura Raza Árabe e Pura Raza Española. Ademais, tamén recibiron o seu recoñecemento os mellores cabalos de tiro, de silla, e tamén os mellores burros e os mellores poldros nados en 2023.
Daniel García destacou que a visibilidade que As San Lucas “dan ao gando cabalar e aos gandeiros e gandeiras que os coidan durante o ano, facendo un traballo fundamental para o coidado dos montes e a conservación das paisaxes tradicionais”. Ademais, quixo referirse ao dinamismo desta gandaría na comarca da Mariña “reforzado pola xuventude de moitos dos gandeiros e gandeiras que participaron na baixada e na feira”.