Os PP de Foz afea que o Concello non inclúa na RPT un xefe de estudos para a Escola de Música"

Foz
AMariñaXa
Os populares de Foz consideran “unha traizón á Escola de Música que o goberno local non inclúa na RPT un xefe de estudos”.
escola musica arcadio mon foz
22 Nov 2021

Os populares de Foz consideran “unha traizón á Escola de Música que o goberno local non inclúa na RPT un xefe de estudos", así o manifestaron.

"O Partido Popular foi testemuña, unha vez máis, da cabezonería do alcalde, do seu equipo de goberno do PSOE e dos seus socios, o BNG. Neste caso, foi no pasado pleno extraordinario celebrado cun único punto: a modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello (RPT) aprobada no 2019 e que precisaba correccións técnicas que contaban co acordo dos sindicatos", informaron.

Os populares consideran que “esta modificación debería aproveitarse para incluír unha serie de postos de traballo e, con elo, corrixir o déficit nalgún servizo. “É ben coñecido que un dos problemas máis destacados nos últimos meses tivo que ver coa Escola de Música. O director, a ANPA e os usuarios e toda a comunidade educativa pedían que se creara a figura dun xefe de estudos”, explica o concelleiro Juan Rivas.

É por iso polo que o Partido Popular pediu que se modificara a RPT e se incluíra ese posto de traballo, “pero o goberno local non o contemplou. Inclúe un novo administrativo cando se pedía unha figura que tivese coñecementos de música  e que axudara ao director e aos profesores a levar adiante o proxecto educativo”, engade. O Grupo Municipal Popular puxo esta cuestión enriba da mesa; pero, ao non ser tida en conta, non puido votar a favor: os concelleiros do PP abstivéronse.  

“O goberno local optou por converter en definitiva a solución temporal coa que conta a día de hoxe, a de incorporar un administrativo. Non entendemos por que se volve enganar á Escola de Música. O que recolle a RPT non é o que necesita a Escola de Música. Volven a cometer os mesmos erros e, neste caso, entendemos que é moito máis ca grave. Esta actuación é unha traizón ao director, os usuarios e os veciños en xeral que tiña que ver nesta RPT unha solución para o grave da Escola de Música”, conclúe Rivas.

0.3986189365387