Os portos de Burela e Viveiro-Celeiro reciben licencia para os servizos de practicaxe
A Conselleira do Mar, traslada que, a través de Portos de Galicia, adxudicou dúas licencias para a realización de servizos portuarios especiais técnico-náuticos de practicaxe e de amarre e desamarre de buques en todos os portos comerciais da comunidade. O anuncio da conta do outorgamento das licencias necesarias para os traballos técnicos que permiten a entrada, así como o amarre e desamarre de embarcacións de grande tonelaxe, aos portos de carácter comercial de titularidade autonómica.
En concreto outórgase por 10 anos a licencia para a practicaxe nos portos de Cariño, Burela e Viveiro-Celeiro e por 5 anos prorrogables a dos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada. En ambos casos recóllense compensacións económicas da administración ao prestador do contrato para garantir a súa rendibilidade.
Mediante a concesión destas licenzas, a Xunta busca garantir unha xestión eficiente e segura dos servizos de practicaxe e amarre e desamarre de buques, reforzando as capacidades estratéxicas dos portos implicados.