Os populares ribadenses denuncia que “o Concello deixe de lado ao rural unha vez máis”

AMariñaXa
Montse Seijo, do PP de Ribadeo, denuncia que “o goberno local do BNG deixa de lado ao rural ribadense unha vez máis”
29 Xuño 2021

A popular Montse Seijo, coordinadora do rural, denuncia que “o goberno local do BNG deixa de lado ao rural ribadense unha vez máis. O abandono é evidente en moitos temas”. 

Seijo subliña, neste caso, o estado dos contedores do lixo das parroquias que “en moitos casos non contan cunha base para a súa colocación e algúns están, incluso, entre as silvas e a maleza. Así mesmo, a popular sinala a falta de contedores de varios tipos nas parroquias de Ribadeo; xa sexan “os de papel e cartón, vidro ou aceites”.

A popular engade a estas deficiencias “a falta de limpeza e desinfección”. Nese sentido, destaca que “moitas veces son os propios veciños os que limpan e baldean eles mesmos os contedores, sobre todo os orgánicos”.

Seijo critica que “non se faga cargo o goberno local” e que é especialmente lamentable que “moitos deles se atopen a carón das paradas do bus escolar”.  

O Grupo Municipal Popular pídelle ao goberno do BNG que “teña en conta os veciños do rural que tamén pagan impostos”.

0.18760299682617