Os populares de Viveiro piden a reparación do camiño de acceso a igrexa de Covas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
"O estado das infraestruturas que dependen do Concello de Viveiro é facilmente mellorable, debido á falta de mantemento periódico e adecuado" comezan dicindo os populares de Viveiro.
2 Dec 2019

"O estado das infraestruturas que dependen do Concello de Viveiro é facilmente mellorable, debido á falta de mantemento periódico e adecuado" comezan dicindo os populares de Viveiro. "O mal estado dalgunhas rúas e pistas provoca numerosas queixas dos cidadáns, obrigados a sufrir a diario os inconvenientes da falta de dilixencia do goberno presidido por María Loureiro no exercicio das súas responsabilidades. Un caso de vía en mal estado é o do camiño de acceso a igrexa de Covas. Para que sexa reparado, os concelleiros populares de Viveiro, pola man de José Ramón Soto, presentan un rogo, que esperan que sexa atendido canto ante"s.

Na iniciativa do grupo municipal que ten por voceiro a Óscar Rodríguez faise constar que "tanto a veciñanza como os demais usuarios habituais do camiño de acceso a igrexa de Covas  fan chegar ao PP queixas pola situación lamentable e de abandono no que se atopa este acceso. Trátase dun camiño usado por moita xente, tanto a que acude ao templo a actos da Igrexa como polos que o utilizan como vía de paso ou para pasear".

Na actualidade, o camiño está cheo de fochancas que, cando chove, están cheas de auga. Para os peóns e incómodo e incluso perigoso camiñar por esta vía.

Os edís populares solicitan que o Concello realice as xestións necesarias para poñer o camiño nas condicións adecuadas, de xeito que sexa cómodo e seguro camiñar por el.

0.21187496185303