Os populares de Ribadeo afean ao Goberno local
O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo denuncia, unha vez máis, a ausencia de programación por parte do Concello respecto do mantemento das estradas e servizos municipais. Así o indica Elena Sierra quen afirma: “levamos un ano de goberno e aínda non temos unha planificación para o arranxo das infraestruturas”.
Como exemplo, indica a popular, basta con analizar o estado “lamentable” no que se atopa o acceso ao barrio da Pega, en Ove, e que colinda co carco urbano. “Está cheo de baches e ten pouca iluminación”, afirma. É, por este motivo, polo que, novamente, dende este Grupo se dirixen ao BNG, solicitándolle un plan específico destinado á mellora das infraestruturas locais.
“Non serve que un día boten chapapote e o outro gravilla. O que temos que ter é unha planificación ordenada no tempo para evitar situacións como esta”. E é que, segundo explica Sierra, a mellora ao acceso ao barrio da Pega “é algo que os veciños veñen demandando durante anos”.