Os populares de Burela, preocupados pola situación da Escola de Música Municipal

AMariñaXa
Dende o Grupo Popular afirman que están preocupados porque este curso hai prazas desertas e aínda non saben cal vai a ser a situación e se os nenos e nenas deberán ser derivados a outras escolas
escola-musica-burela
1 Out 2024

Os concelleiros do PP de Burela instaron ao Goberno bipartito no pleno a poñer en funcionamento a radio pública municipal. Os populares indicaron que “a emisora funcionou durante moito e que deixou de emitir durante o anterior mandato sen que o Goberno local -do que xa formaba parte a señora López Moreno- explicara cales foran os verdadeiros motivos”.

A programación da radio -tal e como sucede noutros concellos da contorna- “debera ser plural, sen sectarismo e na que se trataran temas de interese para toda a veciñanza”, expón o portavoz, Manuel Rouco. Antes das últimas eleccións locais as distintas forzas políticas acudiron a un coloquio - debate que tivo lugar nas instalacións da radio pública de Burela no que todos os representantes coincidiron en que “a había que poñer en valor” porque “se trata dun medio de comunicación moi necesario que debería funcionar adecuadamente”. Finalmente, a proposta non saíu adiante no último pleno.

Segundo expón Manuel Rouco, voceiro popular, dende o Goberno municipal apuntan a unha falta de financiamento, unha cuetión "que sorprende porque din que hai 3 millóns de remanente". Deste xeito, indican que case un ano e medio despois de iniciar o mandato, a alcaldesa non tivo ningunha iniciativa neste sentido. Por outra banda, lembran que no último pleno un conxunto de nais e pais algutináronse para demandar melloras na situación da Escola de Música Municipa.

Dende o Grupo Popular afirman que están preocupados porque este curso hai prazas desertas e aínda non saben cal vai a ser a situación e se os nenos e nenas deberán ser derivados a outras escolas ou conservatorios como pode ser a de Viveiro ou a Foz para poder continuar así coa súa formación.

 

0.16958403587341