Os populares de Burela piden que se redacte xa a ordenanza das terrazas

TerraChaXa | AMariñaXa
O Grupo Municipal Popular burelés pediulle ao alcalde, Alfredo Llano, que “de inmediato proceda a elaborar a ordenanza de regulación de terrazas de locais de hostalería e restauración ante os continuos requirimentos que o Concello está a facer aos establecementos e tamén á vista da sentencia do Tribunal Supremo do pasado día 15 do presente mes que anula a ordenanza de terrazas de Elche dado que había algunhas que impedían o paso a persoas con mobilidade reducida”.
22 Feb 2019

O Grupo Municipal Popular burelés pediulle ao alcalde, Alfredo Llano, que “de inmediato proceda a elaborar a ordenanza de regulación de terrazas de locais de hostalería e restauración ante os continuos requirimentos que o Concello está a facer aos establecementos e tamén á vista da sentencia do Tribunal Supremo do pasado día 15 do presente mes que anula a ordenanza de terrazas de Elche dado que había algunhas que impedían o paso a persoas con mobilidade reducida”.
Desde o Grupo Municipal Popular burelés afirman que “nos planos normativos do Concello propostos polo alcalde para 2017 e 2018 e aprobados coa abstención do PP en xullo de 2017 e febreiro de 2018 contemplábase, nos dous, a elaboración dunha ordenanza reguladora de terrazas de establecementos de hostalería e restauración. A día de hoxe, non hai nada feito, o que por outra parte non nos sorprende porque á incapacidade do alcalde súmase a máis que probable influencia dalgún hostaleiro sobre o equipo de goberno”.
O Grupo Municipal Popular sinala que “non pedimos que se redacte a ordenanza das terrazas porque si. Pedímolas”, aseguran os edís do PP, “porque varios propietarios de establecementos hostaleiros se teñen dirixido a nós para manifestarnos que estaban sendo comunicados polo Concello para retirar as terrazas ou mesas e cadeiras colocadas nas beirarrúas, dado que incumprían a normativa ou estaban sen licencia. A día de hoxe moitos hostaleiros non saben a que aterse e iso crea inseguridade xurídica. Por iso, e aínda sendo conscientes de que redactar unha ordenanza deste tipo non é doado, non sería malo que o alcalde, tal e como fai coa Relación de Postos de Traballo (RPT) dos empregados municipais, anunciase agora que vai ter lista a ordenanza sobre terrazas antes de que remate o actual mandato municipal porque xa hai ano e medio que a tiña que ter feita se nos atemos ao Plano Normativo Municipal de 2017”.
Os edís populares esgrimen un motivo máis para redactar a ordenanza: “O Tribunal Supremo vén de tumbar a ordenanza de terrazas de Elche nunha sentencia ditada o pasado día quince deste mes que recorda que ‘la Orden del Ministerio de la Vivienda 561/2010, de 1 de febrero, que desarrolla el documento técnico de condiciones básicas de accesibilidad y no discriminación para el acceso y utilización de los espacios públicos urbanizados, establece como condición general del itinerario peatonal accesible que “discurrirá siempre de manera colindante o adyacente a la línea de fachada o elemento horizontal que materialice físicamente el límite edificado a nivel del suelo”’.
Os edís populares indican que a sentencia engade que “ninguna duda debe ofrecer que la ocupación del espacio inmediato a esa línea de fachada o de la correspondiente a ese elemento horizontal, supone un obstáculo para quien siendo invidente no puede tomar como referencia la línea de fachada o elemento horizontal y, en definitiva, una limitación de su derecho de movilidad por los espacios públicos cuales son las aceras”. Así, consideran que “á vista da sentencia e á vista de que o Concello de Elche vén de anunciar a modificación da ordenanza garantindo en todo caso a colocación de terrazas naqueles termos e espazos que recolla a nova ordenanza adaptada á sentencia, este non é mal momento para poñerse a traballar sobre este asunto; xa que no noso concello hai terrazas, cando menos, susceptibles de ser modificadas en virtude desta sentencia do Tribunal Supremo”.
Desde o Grupo Municipal Popular pídenlle ao alcalde que “aproveite estas ganas repentinas por traballar que lle veñen de entrar. Estamos seguros que un home das súas capacidades pode facer en tres meses o que non fixo en catro anos, e esta ordenanza pode facela xa que a anunciou en reiteradas ocasións. Agora ten a oportunidade de demostrar que non estaba lanzando un globo sonda; pero que teña claro que os dereitos e deberes son para todos, tamén no mundo da hostalería. Non os dereitos para algún e os deberes para o resto”, conclúen.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18336486816406