Os populares achéganse a Barreiros para comprobar o estado das estradas da Mariña

AMariñaXa
Os deputados do Grupo Provincial Popular seguen coa liña de xuntanzas periódicas de traballo ao longo da provincia e mantiveron unha reunión en Barreiros, dando continuidade á política de “deslocalizar” as xuntanzas de traballo e así valorizar a riqueza da provincia.
PP barreiros vias municipais critica rozar
17 Abr 2024

Os deputados do Grupo Provincial Popular seguen coa liña de xuntanzas periódicas de traballo ao longo da provincia e mantiveron unha reunión en Barreiros, dando continuidade á política de “deslocalizar” as xuntanzas de traballo e así valorizar a riqueza da provincia.

Nesta ocasión, os deputados populares tamén mantiveron encontros con alcaldes e voceiros dos municipios da zona para coñecer de primeira man as necesidades de cada municipio, así como para comprobar o estado das estradas provinciais na Mariña.

Segundo eles, estas “deberían de estar en perfecto estado de revista”, agora que se achega o verán, a época do ano na que máis turistas se achegan ata a costa de Lugo para desfrutar das súas praias e para coñecer a súa riqueza natural e patrimonial. Dende o Grupo Provincial Popular indican que se seguirán a realizar estas xuntanzas por toda a xeografía lucenses demostrando así que se pode apostar polo trato igualitario na provincia.

0.15792989730835