Os pontenoveses nados en 1958 van de cea

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
30 Out 2019

Na Pontenova é ata certo punto habitual que os veciños de diversas xeracións organizan reencontros case cada ano para poder lembrar cando se coñeceron e como avanzan as súas vidas. Unha desas citas está programada para o 2 de novembro, ás 22 horas, no restaurante A Estación e está dirixida aos nados en 1958.

Os asistentes degustarán ademais de verse un menú con base de táboa de xamón, croquetas de xamón ibérico e zamburiñas á prancha coma entrante. De primeiro haberá solombo de cerdo á prancha con patatas ao pobre e de postre tarta de frixuelos ou filloas así como auga, viño, pan e chupito por 30 euros por comensal.

Para apuntarse aó reencontro o mellor é apuntarse nos teléfonos no bar Estación 622 084 223 ou chamando a Pepe no 690 041 061.

0.200031042099